Enquisa Mobilidade

O Concello de Guitiriz tamén felicitará aos pequenos no seu aniversario

O Concello de Guitiriz quere que ningún neno ou nena do municipio nin tampouco ningunha persoa maior que cumpra anos durante o confinamento se quede sen celebrar o seu aniversario.
Para iso, as familias que o desexen poderán chamar ao teléfono 676 34 34 52 e unha patrulla de Protección Civil, que foi o corpo propulsor desta iniciativa, desprazarase no día do aniversario do pequeno ou do maior ata o seu domicilio para facer un pequeno xogo de luces, son e música.

+Ademais, tamén se poderá articular a entrega de regalos a través deste mesmo servizo. Calquera membro da familia pode enviar os seus agasallos á base de Protección Civil e a patrulla fará a entrega destes no momento da celebración.

A alcaldesa, Marisol Morandeira, deu as grazas a Protección Civil por “ofrecerse a levar a cabo este servizo” explicou que “os nenos e nenas de Guitiriz están a cumprir como campións todas as normas que lles impuxeron durante o confinamento e non sería xusto que, a pesar da situación que vivimos, non puidesen desfrutar do seu día dun xeito especial”.

Etiquetas