Axencia de colocación

Convocado un concurso de contos na biblioteca de Guitiriz

A Biblioteca Municipal de Guitiriz presenta a actividade ‘Tes un conto…’ para conmemorar o Día do Libro, que terá lugar o 23 de abril.

Trátase dun novo concurso que consistirá na creación dun libro de contos. Para iso, están convocados todos os que o desexen a escribir un relato no que se deben incluír as seguintes palabras: Elefante, azul, sorriso, soño, pan, aperta, fortuna, bolboreta e enfermeira.

Non hai un límite de palabras, o único requisito é que deben aparecer as anteriormente citadas.

Os interesados en participar poden enviar os seus artigos á dirección de correo biblioteca@concellodeguitiriz.com antes do 26 de abril.

Etiquetas