Toma de posesión dos predios en Santo Estevo de Pol

Consellería do Medio Rural vén de anunciar que o día 1 de maio estarán a disposición dos novos propietarios os predios resultantes do proceso de concentración parcelaria na zona de Santo Estevo de Pol. Neste caso, fíxose a reorganización de 511 parcelas que pasaron a ser 152 predios pertencentes a 84 propietarios.

Os novos propietarios terán de prazo ata o 30 de novembro para a retirada de arborado para o que será necesario contar co permiso perceptivo do Servizo de Montes. Así mesmo o día 1 de maio abrirase o prazo para reclamar defectos na medición da superficie das fincas.

A Xunta lembra que as persoas propietarias das parcelas de achega deben permitir ás persoas titulares das novas fincas o acceso ás mesmas para realizar a súa medición neste prazo de dous meses.

 

Etiquetas