Skip to main content
ActualidadeXermade

Xermade acorda dedicar á epidemia fondos de dietas e a dedicación dun edil

Por 17 Abril, 2020Sin comentarios

O alcalde de Xermade e Deputado Provincial, Roberto García, anunciou que o Pleno da Corporación aprobou por unanimidade a súa proposta para modificar o réxime retributivo da Corporación, eliminando o dereito ao abono de asistencias a órganos colexiados dende o 16 de abril ao 31 de xullo de 2020. Ademais avanzou que, a dedicación parcial do concelleiro de Medio rural, Emprego, Infraestruturas de Auga, Sumidoiro, Alumeado Público e recollida de RSU, Medio ambiente e Forestal de Medio rural, José Prieto Barro redúcese nun 25% durante os meses de abril, maio, xuño e xullo.

García remarca que “tendo en conta a periodicidade das sesións ordinarias dos órganos colexiados municipais, con esta medida extraordinaria, prevese obter un aforro para as arcas municipais neste período como mínimo de 4.296 euros. Con este aforro para as arcas municipais poderemos facer fronte aos gastos extraordinarios que acarrexa a crise do COVID, sendo os máis urxentes a adquisición de material de protección individual (luvas, máscaras, etc.) tanto para os empregados municipais como para a poboación do municipio” dixo.

Por último Roberto García agradeceu o consenso da corporación municipal acadado neste punto. “Entre todos temos que contribuír para saír adiante desta crise, e dentro das nosas posibilidades, nun pequeno concello como o noso vamos a seguir traballando e presentando propostas para reactivar a nosa economía, e ao mesmo tempo contribuír a non minguar a capacidade económica das veciñas e veciños de Xermade”, sinalou o rexedor.