Skip to main content
ActualidadeMuras

Suspendida a V edición da Romaxe Artesá da Chaira de Muras

Por 18 Abril, 2020Sin comentarios

O Concello de Muras anunciou que este ano non haberá Romaxe Artesá da Chaira. A que sería a V edición desta popular feria tiña previsto celebrarse o 23 de maio, sábado, na Veiga, unha festa na que se busca a reivindicación dos oficios tradicionais e sobre todo a dinamización do medio rural como lugar de creación de vida.

Esta decisión tomouse debido á evolución desta pandemia e tras evaluar todas as posibles opcións. “Coidamos que o máis responsable para todos nós é pospoñer a nosa querida Romaxe para o vindeiro ano 2021”, explicaron.

“Aproveitamos para agradecer aos artistas, aos artesáns e a todo o público que sempre nos acompaña, a vosa implicación e desexamos que todos esteades ben”, engadiron.