Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

O Concello de Rábade reparte mascaras entre os veciños

Por 21 Abril, 2020Sin comentarios

A Policía Local de Rábade está a entregar nestes días máscaras protectoras adquiridas polo Concello, priorizando a entrega as persoas de maior risco, maior edade e menor capacidade para adquirilas por outros medios, ou que desenvolvan actividades de contacto co público. Este material será entregado a todos os veciños que o precisen, nos vindeiros días.

Segundo as prescripcións técnicas, as mascarillas son reutilizabeis, e lavables a un máximo de 60º ata 5 veces.

O Concello pide “un uso responsable das mesmas, así como a actitude daqueles veciños que dispoñendo deste material por outros medios, nolo estades a facer saber, permitíndonos así poder garantir que, ademais de chegar para todos, tanto agora como nós vindeiros días, dispoñamos dun maior stock para calquera veciño que o poida necesitar en calquera momento”.