Skip to main content
ActualidadeCospeito

Suspenden as festas de maio en Feira do Monte

Por 21 Abril, 2020Sin comentarios

A comisión de festas de Feira do Monte anunciou que se cancelan as festas de maio que tiñan previsto celebrarse os días 1, 2 e 3 maio.

Esta é outras das vítimas sociais que se cobra o coronavirus na comarca debido á emerxencia sanitaria e o estado de alerta que se prolongarán ata o 9 de maio polo momento.

Nesta mesma localidade quedou polo de agora tamén suspendida a Feria da Maquinaria Usada que se celebra todos os anos a finais do mes de abril no tempor municipal.

Anunciou tamén a comisión, composta por Jesús, Miguel e Abel, que si haberá festas o 8 de setembro que se organizarán cos fondos que se consegan coa venda de lotería de nadal.