Skip to main content
ActualidadeVilalba

Convocada unha nova edición do premio Agustín Fernández Paz

Por 24 Abril, 2020Sin comentarios

O Iescha, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan o IV Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade que terá un prazo de presentación ata o 12 de xullo de 2019, coincidindo co cabodano de Agustín Fernández Paz. Abriuse o prazo o Día do Libro.

Como en edicións anteriores poderán participar todas as persoas  que o desexen presentando narracións inéditas en lingua galega, dirixidas ao publico infantil e xuvenil e cunha temática unida ao compromiso pola igualdade de xénero, raz, nacionalidade, etc. A obra terá unha extensión libre e presentarase encadernada, por cuadriplicado, en papel impreso polas dúas caras, tamaño DIN A4.

O premio está dotado con 3.000 euros e a publicación do orixinal por Edicións Xerais de Galicia cedendo ao gañador 30 exemplares do mesmo.

O prazo de presentación de orixinais, que xa está aberto, rematará o 12 de xullo, aproveitando o caboano do autor homenaxeado. Será en outono cando se de a coñecer o gañador, escollido por un xurado formado por tres persoas de reconocido prestixio cultural.

A entrega de orixinais debe remitirse a IV Premio AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS Praza de Suso Gayoso, 1 (Casa da Cultura) Apartado de Correos , no 39 27800 Vilalba (Lugo).