Axencia de colocación

Testemuñas da pandemia: Ximnasio Jansu

O ximnasio Jansu de Vilalba viuse afectado polo peche de negocios da crise sanitaria. Ademais dos recibos mensuais dos usuarios, que eran a primeira fonte de ingresos do centro deportivo, tamén sofriron perdas “a nivel saúde xa que moitos clientes eran usuarios para esa finalidade, ao igual que os pequenos, que lles axudaba a actividade física e deportiva para desconectar das súas obrigas escolares, ou a xuventude, que ademais de ser un lugar para o exercizo, lles servía como centro de reunión”.

As perdas ata o de agora valóranas como irrecuperables, “será un volver comezar, pero non sabemos aínda dende que punto”.

O centro entrou nun Erte dende o principio, e non saben cando poderán aguantar nesta suspensión. “É moi complicado saber ata onde poderemos chegar, pero esperemos que non se prolongue demasiado no tempo, senón atoparémonos con graves problemas para reflotar os nosos negocios”.

Tamén estaban a dar servizo en algún concello de actividade física e deportiva, pero “retomalas este ano creo que vai a ser moi complicado por non dicir imposible. Iso sería cuestión de falar e ver posibilidades de facelo noutras datas”. Sobre a Administración non sabe que se podería facer e prefire non opinar nese senso, “xa que e moito mais complexo do que poidamos ver”.

Engade que “isto virá acompañado dunha crise a nivel global e cando isto remate veremos as consecuencias e mirar a forma de irse recuperando pouco a pouco”.

Etiquetas