Skip to main content
ActualidadeVilalba

A Esmuvi convoca un concurso de karaoke

Por 27 Abril, 2020Sin comentarios
A escola de música de Vilalba (Esmuvi) vénd e convocar un concurso de karaoke aberto a toda a poboación.

Para poder participar hai que acceder a través do enlace de Youtube á base musical do Karaoke da canción Resistiré (https://youtu.be/mNNI6r348rU) e despois de ensaiar o estribillo mandar o vídeo.

A idade de participación é ilimitada (os menores de idade non socios deberán cubrir o consentimento no mail acescolamusicavilalba.

Os vídeos, un por persoa, deberán ser enviados por WhatsApp ao número 722611471, adxuntando nome e apelidos, e DNI. Unha vez revisados serán publicados no perfil e páxina de Facebook.

A data límite de participación é o domingo 3 de maio. O gañador escollerase mediante sorteo a través da aplicación bolsa de papel e o luns 4 publicarase o nome do gañador.

Sortearese o libro de Monteagudo, Susana, Demano Luis, Historia ilustrada del Rock, da Ed. Litera libros así como unha cota de inscrición (valorada en 60 euros) para o curso 2020-2021 en calquera especialidade (a cota de inscrición é persoal e intransferible)