Enquisa Mobilidade

Esta semana reivindicarán a Festa da Filloa de Muimenta nas redes sociais

A comisión organizadora tanto da Moexmu e da Festa da Filloa teñen previsto adicar a esta última, Festa de Interese Turístico de Galicia, esta semana nas redes sociais, e convidan a todo aquel que o desexe a colgar fotos, ideas ou reflexións sobre a filloa e a súa celebración en Muimenta, que tería que celebrar a súa XXIX edición, o vindeiro venres, primeiro de maio, pero que foi suspendida por mor da pandemia.

As publicacións, a realizar en calquera rede social, deben ir acompañadas co hashtag:

  • #Filloa
  • #FestaFilloa
  • #FestaFilloaMuimenta
  • #FestaFilloaIntereseTurísticodeGalicia
  • #FilloaMuimenta

Ou calqueira outro que a xente se lle poida ocurrir.

As fotos podrían ser de calquera Festa da Filloa que se vén celebrando dende o ano 1992, ou das filloas que se poidan elaborar esta semana, sobre todo o vindeiro primeiro de maio, ou da calquera das actividades parellas á filloa, que anualmente se celebran no recinto feiral Manuel Vila López de Muimenta (concurso de debuxo, cans de caza, agility…). “A idea é que o espíritu da filloa siga vivo”.

A comisión organizadora lembra que espera reunirse, unha vez que remate o estado de alarma, para decidir se se reubican tanto a Moexmu como a Festa da Filloa, ou se retrasan definitivamente para o ano 2021.

En ambos casos esperan seguir contando coa colaboración de todos os seus patrocinadores (públicos e privados) e, sobre todo coa colaboración e traballo da veciñanza, tanto de Muimenta como dos pobos cercanos.

Etiquetas