Os comerciantes de Meira e Cospeito reúnense tamén nunha plataforma

Comerciantes de Meira e tamén de Cospeito non queren perder o tren da unión e a promoción en redes sociais e veñen de crear os seus grupos de Facebook no que presentar o seu respectivo negocio e tamén fomentar a participación de veciños requerindo esperar e seguir comprando no comercio local cando esto remate.

Nas dúas plataformas, nas direccións CompraenCospeito e Compra en Meira, lémbrase a necesidade de quedar na casa pero tamén de reivindicar a súa vila como un lugar para vivir e desfrutar.

“Somos moitos, somos moitas as que vos precisamos e as que queremos dar os o noso mellor produto e o noso mellor trato. Sempre se di que nunca choveu que non escampara e esa é a verdade, en breve estaremos abertos, esperando por vós e desfrutando xuntos das paroladas, dos tempos compartidos e de normalidade”, indican

Etiquetas