Comeza o reparto de máscaras entre os veciños de Xermade

Debido ás recomendacións do uso de máscaras de protección para toda a cidadanía, o Concello de Xermade sumouse á medida tomada por outras localidades e está repartir entre todos os seus veciños este tipo de material.

O reparto estase a levar porta a porta por membros de Protección Civil entre os 1.800 veciños do termo municipal, que recibirán unha para poder iniciar as súas saídas á rúa sen perigo de contaxio

Etiquetas