O comercio local de Rábade organízase para facer entregas a domicilio

A Asociación de Comerciantes de Rábade lanza a campaña Merca no Comercio Local. Trátase dunha iniciativa novedosa e impulsada pola situación provocada pola pandemia de coronavirus para dar servizo aos veciños de Rábade, Outeiro de Rei, Begonte e Cospeito sen que teñan que saír da casa.

A campaña consiste na atención telefónica dos establementos participantes, que entregarán o solicitado a domicilio. Ata o de agora están dentro deste servizo Carnicería Xulfe(982 390 904 / 629 821 638), Alimentación Loriván (982 103 5729, Librería Arbelos (982 390 528 / 679 039 541), o Estanco (982 390 280), Bazar Teixeiro (982 390 209 / 659 242 525), Servizos Veterinarios Chairegos (982 871 103) e Saneamentos Luis Díaz Díaz (607 924 735 / 607 924 736).

A intención é seguir sumando establecementos para facilitar as estadías na casa neste tempo de estado de alarma.

Etiquetas