Axencia de colocación

O Concello de Rábade apraza a celebración do seu aniversario

Tras moita preparación non vai ser posible que Rábade conmemore como tiña previsto o 30 de maio o aniversario do recoñecemento de Concello para esta localidade, que tivo lugar no ano 1925. A situación provocada polo coronavirus impide a celebración na data elexida e aínda non se sabe si se aprazará no tempo ou se suspenderá ata o ano que vén.

A intención do Concello era conmemorar esta data ao ao ano e pouco a pouco ir crecendo en relevancia para no ano 2025 poder festexar o centenario da creación do Concello de Rábade.

Preténdese que esta festa teña un tinte de recreación histórica polo que a intención inicial desta primeira convocatoria é seguir o programa da celebración inicial, con disparo de bombas de palenque a primeira hora do día, a chegada do ferrocarril á vila, o recibimento da banda de música por parte das autoridades, o descubrimento do arco conmemorativo ou a visita aos postos dos oficios.

Do programa aínda non se sabía nada, só que ía nesa medida e que se desenvolvería na prazuela. A festa recibirá o nome de Noutrora 2020 e esta ía ser a súa primeira edición.

O obxectivo é dar a coñecer a todos os veciños as orixes do pobo e involucrar a asocaicións e comecios facéndoos partícipes desta celebración.

Promocionarase asistir vestidos de época polo que todos os martes estábase a celebrar un taller de confección de vestiario no centro sociocultural que tivo que ser suspendido cando se declarou o estado de alarma pero que poderá recuperarse unha vez se decida o que vai pasar coa celebración deste ano.

Etiquetas