Skip to main content
A PastorizaActualidadeAgro TERRACHÁXA

Os plásticos agrícolas da Pastoriza recolleranse a semana que vén

O Concello da Pastoriza realizará entre o 5 e o 8 de maio a recollida de plásticos de procedencia agrícola.

Para a prestación deste servizo utilizarase un camión que pasará por aquelas explotacións agrícolas que así o demanden chamando ao teléfono 982 332 197.

Os solicitantes deberán seguir unha serie de normas para a súa recollida. De feito, os plásticos deben estar depositados en puntos de fácil acceso para o camión, atados e pregados. Por seguridade, deberán estar apartados do tendido eléctrico e dos árbores que poidan dificultar o movemento da pluma para a carga. No deben levar arames, terra ou area.