Skip to main content
Actualidade

Suspendida a XL edición da romaxe de Penas de Rodas

A organización da Romaxe de Penas de Rodas comunicou a suspensión desta celebración anual, que chegaba este ano á súa XL edición, unha celebración cultural que continúa en crecemento que ten lugar os primeiros días de xullo neste paraxe singular de Outeiro de Rei. “Pasar un día neste lugar amenizado polas diversas actividades que se realizan e acompañados de amigos e familiares converteuse en algo moi especial, e sentíndoo moito vémonos na obriga de suspender o festexo pola situación na que nos estamos a atopar, pensando sempre na máxima seguridade para todas e todos”, explican.

“Dende a directiva rondounos a idea dun aprazamento para outra data, pero pola previa planificación que esta require non sería posible a organización de toda a xente que acude para facer posible o día, así como as actividades que se levarían a cabo”, engaden.

A organización asegura que “mirando o lado positivo, fai que nos preparemos con moita máis forza, gañas e ilusión ca nunca para o vindeiro ano. Porque estamos seguros de que volveremos a bailar nun día tan especial”.