Skip to main content
ActualidadeVilalba

Protección Civil de Vilalba leva os libros de texto a casa aos alumnos do Ceip Terra Chá

O Ceip Tera Chá de Vilalba realizará entre hoxe e mañá a entrega do material escolar acumulado no colexio para que se faga chegar ás súas familias. O colexio fixo unha petición formal á uxnta para que se encargada deste reparto os axentes de Protección Civil.

Tras contar co apoio, o colexio comezou xa co reparto este luns empezando polas parrqouias de Corvelle, Goiriz, Román e Rioaveso.

Mañá, martes, farán a ruta de alumnos residentes na parroquia de Árbol e na porpia Vilalba.

O horario nos que se está a facer o reparto é de 11 a 14 horas e de 16 a 19 nas dúas xornadas.