Skip to main content
Actualidade

O Concello das Pontes reactiva as obras de pavimentación

O Concello das Pontes reiniciou os diferentes traballos de pavimentación en diferentes vías rurais que quedaron suspendidas trala posta en marcha do estado de alarma por mor do coronavirus.

Como subliñou o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, as obras públicas “xeran e manteñen moito emprego”.

Así,  reanudaron os trabalos de renovación de pavimentos en Rega, Pazos, Mariñao, Pontoibo, Veiga da Nata, Espiñaredo, Caneiro, Casas Hermas, A Hermida, Bidueiro, O Pazo, Murazoso, Cascalisto, Cameleiro, Ruño e Badón. Loxicamente, este traballos realízanse adaptando os plans de seguridade á nova realidade sanitaria.