Axencia de colocación

Pardo Lombao mostra o seu desacordo co plan de desescalada do Goberno

O alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao, considera que os criterios fixados polo Goberno no seu plan de desescalada “penaliza a municipios como o noso”, que, malia superar minimamente os 5.000 habitantes, “a súa distribución, apunta, está preparada para se comportar doutro xeito”. É que Outeiro de Rei conta con 133 quilómetros e ao redor de 180 núcleos de poboación.

Dun xeito máis concreto, o máximo mandatario municipal considera que o Executivo de Sánchez debería “repensar” a programación anunciada, “pois non é lóxico que os veciños de Outeiro de Rei non poidan saír cando só temos un núcleo de poboación que supera por mi pouco os 1.000 habitantes.

Para o rexedor “a situación aínda é máis grave”, se se ten en conta que diferentes Delegacións do Goberno tampouco teñen un criterio unificado. Refírese Pardo Lombao a que a Delegación de Asturias defende o criterio poboacional, que nós pensamos que é o correcto, e, a galega, o dos concellos. “Semella que unha Delegación é de Podemos e outra socialista. Así nos vai”, ironiza Pardo Lombao.

“Todo isto é un sen sentido”, afirma. Por iso, apela “á responsabilidade dos socios lucenses”. “A subdelegada debe trasladar ao Goberno as particularidades de territorios como o lucense e, en particular, de municipios que, a pesares de superar a barreira dos 5.000 e unha dispersión acusada, si que lles debería estar permitida a saída sen ningún tipo de restricción”, insiste.

Pardo Lombao manifesta así o seu rexeitamento a un plan que, “se me permite, definiría como un plan improvisado e mal plantexado”. “Dende logo en Outeiro de Rei estamos en total desacordo”, conclúe.

Etiquetas