Axencia de colocación

A Pastoriza retoma os traballos de asfaltado en tres vías das parroquias

O Concello da Pastoriza vén de iniciar as obras que tiña adxudicadas por case 60.000 euros para o arranxo de vías en tres parroquias, concretamente en Crecente, San Cosme de Piñeiro e Fonmiñá. Este proxecto foi adxudicado á empresa Cholo. Retómanse así os proxectos que quedaron paralizados pola situación de corentena decretada polo Estado.

A tenente de alcalde da Pastoriza, Elva Carreira, que indica que comezaron coas tarefas de limpeza de cunetas antes de proceder ao traballos de asfaltado.

Tamén están a facer desbroces das diferentes vías. Segundo indica, “a día de hoxe temos toda a rede viaria de pistas non asfaltadas desbrozadas, agora empezaremos co desbroce de vías asfaltadas”.

Indicou tamén que “estou á espera para poder contratar personal para o mantemento da rede viaria, desbroce, bacheo e arranxo de pistas de concentración que dan acceso a parcelas”.

Etiquetas