Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Remata con máis de 30.0000 visualizacións o Festival de Poesía en Rede

O Festival de Poesía en Rede de agrupacións poéticas de base chegou ao seu final cun  notable éxito de participación no seus 17 días de celebración.

Organizado pola Nova Poesía Guitirica coa colaboración doutras agrupacións poéticas, os recitais en rede contaron con 60 poetas e 8 agrupacións de poesía de base de toda Galiza e Portugal e con 30.000 visualizacións nas redes sociais. Foron 17 días de recitais en directo no facebook da Nova Poesía Guitirica NPG distribuidos despois nas páxinas das diferentes agrupacións poéticas de base.

Tres recitais diarios ás 18, 20 e 22 horas que contribuiron a facer máis levadeiro o confinamento polo COVID19 aos aficionados á poesía. Os poetas participantes foron Fátima Fernandez Chascarraschás, Raquel Díaz Seijas, Isabel Rodríguez Losada, María Xosé Lamas, Moncho Bouzas, Andrea Fernandez Maneiro, Anxo Boan Rodriguez, Anxela Gracian, Luz Campello Garcia, Branka Villar, Teresa Rios, Ana Vila Portomeñe, Figueroa Adela Clorinda, Pilar Maseda Barrio, Fernanda Hermida Garel, Paco Ledo, Miguel Queipo Salvande, Oslita María Pereira, Mila Villanueva, Xelo Teijido, Ramiro Vidal Alvarinho, Fatima Dominguez Silva, Fran Castro, Amalia Diaz Rodriguez, Silvia Pardo Galdo, Andrea Araújo Alonso, Hortensia Bautista Fernández, Pas Veres, Clarita Blanco, Maria Oliveira, Loreto De Castro, Cris Amoedo, Pilar María Alonso Díaz, Luis Mazás López, Xurxo Gago, Manuel Gonzalez Prieto, José Vázquez Liste, Nerea Diaz Preciado, Antón de Guizán, Toño Núñez, Graça Foles Amiguinho, Carmen Torreiro, Xosè Abeledo, Emilia Martínez Fuentes, Ana Mar Fraga Rabade, José Carlos Ulloa García, Eugenia Manuela Sanmartin Alonso, Luz Airado Bello, Pepa Álvarez Gómez, Darío Miranda Pastoriza, Jacobo S. Quintela Jaki, Ana Fernández Melón, Enrique Rodriguez Franco, Helga Méndez, Maica Pastoriza, Luisa Paz, Miguel Costoya Kostoia, Miguel Melero e os colectivos Reversos, Nómades do Verso, Irmandade Poética-Artística Galaico Lusa, Poesía Galega Ceibe, moraima, Versos de Area, In Nave Cívitas e Nova Poesía Guitirica, artífices deste éxito.