Comeza a demanda colectiva dos gandeiros galegos contra o cártel do leite

TerraChaXa
Eskariam, empresa xurídica especializada en demandas colectivas con sede en Madrid, puxo en marcha a reclamación masiva contra o cártel do leite en Galicia despois de reunirse con asociacións, cooperativas e afectados durante os últimos meses.
10 May 2020

Eskariam, empresa xurídica especializada en demandas colectivas con sede en Madrid, puxo en marcha a reclamación masiva contra o cártel do leite en Galicia despois de reunirse con asociacións, cooperativas e afectados durante os últimos meses.
Segundo a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC), todos aqueles que se viran afectados por estas prácticas anticompetitivas, tanto gandeiros en activo como os que pecharan a súa explotación, poderán reclamar - sempre e cando venderan leite cru de vaca entre os anos 2000 e 2013- antes do próximo 11 de xullo de 2020, día no que vence o prazo.

Ante a proximidade da data, Eskariam despregou todos os seus recursos en territorio galego para loitar polos intereses dos gandeiros da rexión, poñendo ao seu dispor os seus servizos legais co fin de abrir as vías necesarias para iniciar unha reclamación contra este cártel e lograr o resarcimento dos danos e perdas sufridos pola súa actuación.

O ditame da CNMC pon de manifesto como, entre os anos 2000 e 2013, as empresas transformadoras de leite intercambiaron información, a nivel nacional e rexional, sobre prezos de compra de leite cru de vaca, volumes de compra e excedentes de leite, con consecuencias economicamente insostibles para os gandeiros españois, que viron como o prezo polo que vendían a súa produción era cada vez menor.

Galicia foi, nese sentido, a comunidade máis penalizada por estas prácticas. Así, concentrando máis da metade das explotacións lácteas de España, viu como nos últimos 20 anos se foi destruíndo boa parte desa forza produtiva por mor da baixada dos prezos.

Segundo David Fernández, fundador e CEO da compañía de servizos xurídicos, “o noso equipo traballa para gañar grandes causas que permitan que o mundo sexa un lugar máis xusto. É por iso polo que dirixiremos esta reclamación e a levaremos dende o principio ata o final cun só obxectivo: gañar. E estamos tan seguros do noso éxito que asumimos o risco do procedemento e todos os gastos que este supón, e o gandeiro só pagará os nosos honorarios se gañamos o caso”.

Engade tamén que “ademais, para fortalecer o noso equipo, acadamos dous acordos estratéxicos para esta macro-demanda que redundarán nun servizo de máxima calidade para os gandeiros. Dun lado, asinamos un acordo co despacho internacional Hausfeld, que dotará a Eskariam de maior financiamento, medios e experiencia en materia de reclamación de danos por prácticas anticompetitivas. E do outro, asinamos un acordo coa compañía de referencia mundial en peritaxe, Compass Lexecon, para a determinación do dano, defender os intereses dos gandeiros e vencer nesta causa”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18478608131409