Axencia de colocación

A Anpa do Insua Bermúdez elabora e reparte máscaras infantís

Nestes tempos tan complicados para toda a poboación por mor da crise sanitaria provocada polo COVID-19, e por mor da dificultade para atopar máscaras no mercado para nenos e nenas, o Anpa do Ceip Antonio Insua Bermúdez de Vilalba tivo unha iniciativa para premiar ós seus peques, “xa que merecen un detalle polo enorme esforzo que levan feito”; e coa colaboración da nosa costureira local Mari Carmen, “que aceptou encantada e aporta o seu traballo de forma desinteresada”, están a confecciónar máscaras para regalar a cada pequeno.

As máscaras son de tea de algodón cun espazo intermedio para introducir un filtro, seguindo as recomendacións que o Ministerio de Sanidade indicou para este tipo de máscaras caseiras.

Ademais, enviouse un formulario a todos os socios para que cubriran e así solicitar as máscaras e poder realizar a súa entrega aos domicilios correspondentes.

Ante a complexidade, dadas as circunstancias, de que a directiva da Anpa puidese realizar a entrega das máscaras nas parroquias, a Cruz Vermella aceptou colaborar e será quen se encargue de repartilas. A Anpa realizará a entrega no centro urbán e tamén haberá un punto de recollida no establecemento local Customize.

“Dende a Anpa queremos agradecer a todos os que colaboran nesta iniciativa, Taller de Costura Mari Carmen, á Cruz Vermella, e a Customize, que sin a súa axuda non sería posible”.

Unha Anpa é a agrupación de nais, pais e titores legais do alumnado matriculado nun centro educativo que voluntariamente deciden unirse para a consecución de determinados fins e obxectivos, de xeito totalmente altruísta… Non diremos desinteresada, porque en realidade, as persoas que conforman unha Anpa están interesadas na educación dos seus peques, tanto na formal propia da escola como a non formal (extraescolares, diferentes eventos e festas, excursións, charlas informativas, etc.)

Ademais, as anpas fan un gran labor que podemos resumir nas seguintes asistiendo ás familias en todo o concernente á educación dos seus fillos, colaborando nas actividades dos centros, promovendo a participación das familias do alumnado na xestión do centro, asistiendo ás familias no exercicio do seu dereito a intervir no control e xestión dos centros e facilitando a representación e a participación das familias do alumnado nos consellos escolares dos centros e noutros órganos colexiados.

Etiquetas