Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Friol, un dos poucos concellos sen casos de coronavirus

Por 12 Maio, 2020Sin comentarios

O municipio de Friol é o único do interior da provincia lucense que aínda non detectou ningún contaxiado do coronavirus entre a súa poboación, segundo indicou o seu alcalde, José Ángel Santos.

“Son moi poucos os municipios da comunidade galega que non contabilizasen algún caso de contaxio entre os seus habitantes. O de Friol é un dos poucos que se está librando, polo momento, desta pandemia”, explica.

Asegura que este feito pode ser debido ao “comportamento exemplar “que mantivo toda a poboación do municipio durante o confinamento. Tamén as medidas que se adoptaron durante todo este proceso de restrición de movementos, e mesmo as tomadas anteriormente ao decreto do estado de alarma, puideron axudar a que esta localidade lucense poida presumir desta situación que se resalta”, engade.

A primeira medida que adoptou o Alcalde José Ángel Santos xunto co equipo de goberno, foi a cancelación da súa feira máis importante, a Feira do Queixo e Pan de Ousá, antes mesmo de que se tomasen medidas restritivas de ningún tipo por parte do goberno central, e “sabendo as perdas que esta cancelación causaría en todo o municipio, pero valorando tamén do gran risco sanitario ao que estaría exposta a poboación”.

Con estas e outras medidas tomadas desde o goberno municipal, “apoiadas e refrendadas sempre pola poboación”, conseguiron burlar ao virus ata o momento, polo que afrontan a desescalada que xa se está planificando con actitude optimista e positiva.

“Despois de tantos días de confinamento e vendo que vos datos melloran en xeral, pero sobre todo dunha maneira mais pronunciada na nosa comunidade, grazas tamén en parte a boa xestión que se levou a cabo desde a Administración Autonómica, chega ou momento de empezar unha desescalada gradual e segura, que nos permita empezar a remontar a economía e adaptarnos a nova normalidade que nos espera, dunha maneira responsable” apunta o alcalde.