Axencia de colocación

Testemuñas da pandemia: Moncho e Santomé, unha aposta polo ozono

Electricidad Moncho e Santomé é unha das empresas vilalbesas que tamén tivo que pechar unha parte do seu negocio debido á pandemia. De feito, a tenda de atención ao público tivo que pecharse e quedou o servizo de urxencias de avarías que se atendía polo almacén.

Aínda así seguiron traballando, “aínda que non co mesmo volume” en obras e empresas respectando as distancias de seguridade e protección contra o contaxio.

Como especifica Cosme, “sempre hai cousas que facer pero baixou moito o traballado tamén  é certo”. Aínda así non fixeron restruturacións nas plantillas pero non descartan tomar algunha medida se a situación de prolonga no tempo.

Agora, Moncho Santomé estase a convertir nun referente na venda de máquidas de desinfección a través de ozono. Estes sistemas de eliminación de virus, bacterias e olores xa se levaban tempo utilizando pero coa chegada do coronavirus estanse a vender de forma masiva xa que poden adaptase tanto a empresas industriais como a pequenos comercios e locais.

Este sistema xenera ozono, que limpe o aire e o purifica en sesións totalmente programables. Ten que facerse sempre cando non hai xente no local e ten uns resultados eficaces ao tratase dun desinfectante totalmente ecolóxico.

Como explica Cosme as vendas estanse disparando e agora mesmo están vendendo continuamente este tipo de máquinas que teñen un prezo de 750 euros para as zonas industriais e de 185 euros para os locais comerciais.

O importante é que se trata dun sistema de instalación moi sinxelo e que se configura a medida.

Cosme anima a todos os que o desexen a informarse sobre o sistema e lembra que “ánimo a todos que nunca choveu que non escampara”.

 

Etiquetas