Skip to main content
A PastorizaActualidade

O Concello da Pastoriza organiza un concurso infantil polas Letras Galegas

Por 13 Maio, 2020Sin comentarios

A Área de Cultura do Concello da Pastoriza convocou un certame de narración e debuxo infnatil con motivo do Día das Letras Galegas.

Están convidados a participar todos os nenos e nenas que estudan no Concello que poden presentar todos os traballos que desenxen co tema Ser Galego. As redaccións non excederán dun folio por unha cara.

Os traballos deben ser enviados mediante fotografía ou escaneado ao correo electónico letrasgalegaspastoriza2020@gmail.com durante o mes de maio, que será o tempo que estea aberto o prazo.

Os organizadores lembran que todos os nenos terá un pequeno agasallo por participar.