Xermolos adiou as actividades da Festa da Fala no San Alberte

A Asociación Xermolos de Guitiriz adiou as actividades que tiña previsto para o vindeiro domingo, cadrando coa Festa da Fala no San Alberte na parroquia de Sambreixo.

Para este día estaban previstas actuacións musicais, recitais, relatorios e mostra de artesanía e xogos tradicionais, así coma camiñadas dende Guitiriz, Baamonde e Parga.

Xermolos está a recopilar artigos de Carvalho Calero sobre Díaz Castro animando a ler a súa obra que ía ilustrar este domingo con relatorio e exposición sobre a súa obra e vida, incidindo no seu tempo de Lugo, cando supervisa o libro Contos populares de Lugo no que aparecen narracións da cultura oral de Guitiriz.

Xermolos tamén ía lembrar nesta celebración ao artista plástico Javier Meléndez Ortega que finou o pasado día 8 na Coruña. Este creador madrileño veraneaba de mozo en Guitiriz e a finais dos 80 fixo traballos sobre a nosa arquitectura popilar para a Revista Xermolos e tamén sobre as igrexas do San Alberte e Bascuas, tamén máis adiante farse unha exposición destas  ilustracións.

Xermolos vai solicitar á Academia Galega que alongue o Ano de Carvalho ao 2021 pois é unha persoa e un creador cunha achega sobranceira.

Etiquetas