Skip to main content
ActualidadeMeira

Reparten máscaras para todas as idades en Meira

Por 14 Maio, 2020Sin comentarios

O Concello de Meira levará a cabo a vindeira semana un segundo reparto de máscaras de protección aos veciños de municipio. Todos recibiron xa enviadas polos concellos unhas nun primeiro envío pero agora incluirán tamén todos o adultos así como máscaras adaptadas para nenos menores de 14 anos.

Por outra banda, o alcalde en funcións, Agustín Méndez, explicou que o Concello se vai encargar de poñer a disposición de tres nenos do colexio acceso a Internet para que poidan rematar o curso nas suas casas tal e como esixe o último decreto. Segundo explica, o propio colexio foi o encargado de solicitar esta medida xa que a Concellería de Educación non lles deu a axuda.