Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Concello de Vilalba programa tres concertos on line para os sábados de maio

Por 15 Maio, 2020Sin comentarios

O Concello de Vilalba programou durante o confinamento catro espectáculos que se retransmitiron de forma on line para outras tantas xornadas co obxectivo de continuar a ofrecer un programa cultural pero adaptándose ás novas circunstancias.

Así, un espectáculo de circo, títeres, unha posta en escena de malabares e a actuación dun mago foron desfrutados a través da canle de YouTube e as redes sociais. O éxito desta iniciativa foi tal que o Concello decidiou cotinuar nesta liña. Así, este sábado, ás 19 horas, haberá un concerto de Andrés Penabadás 19.00 horas a través do canal de Youtube do Concello.

Andrés Penabad é acordeonista galego, considerado o artista con maior proxección dentro do panorama folk, que conta cunha longa traxectoria na música, un bon número de premios e recoñecementos, cunha proxección da súa música a nivel nacional e internacional, e tamén con anos de experiencia na docencia a través do seu instrumento, o acordeón.

Neste concerto, estará acompañado por Diego barral, á guitarra acústica, Iago Pena co baixo eléctrico e Dani Riveiro á percusión.

A progrmación cultural continuará as próximas semanas, tamén os sábados coa actuación dos vilalbeses Irmandades do Falo e Magical Colors.