Enquisa Mobilidade

Continúa o despregamento do 4G nas Pontes

Esta semana, no Concello das Pontes, porase en funcionamento unha nova antena repetidor para aumentar a cobertura da tecnoloxía 4G que permitirá que os teléfonos móbiles poidan acadar unha maior velocidade de transmisión de datos.

Esta tecnoloxía traballa nunha banda de radiofrecuencia que pode afectar á correcta recepción das canles da TDT (Televisión Dixital Terrestre) no casco urbano da vila así como na parroquia da Vilabella polo que algúns fogares do municipio poden resultar afectados e deixar de ver varias canles.

Para garantir a compatibilidade entre a tecnoloxía 4G e a TDT, LLega800, entidade xestora designada polos operadores de telefonía móbil para solucionar calquera afectación na recepción da TDT motivada polas emisión de tecnoloxía de 4G e asegurar a continuidade do servizo de televisión, porá en marcha un servizo gratuíto de atención á veciñanza.

Os veciños e veciñas que residan nas zonas de maior afectación, poden contactar co centro de atención a usuarios/as de Llega 800, a través do teléfono gratuíto 900 833 999, de luns a sábado, en horario de 09:00 horas a 22:00 horas, e o enderezo electrónico ayuda@llega800.es para resolver os problemas e solicitar máis información.

Etiquetas