Skip to main content
A PastorizaActualidade

Reparto de xel e máscaras nos centros educativos da Pastoriza para a fase de matrícula

Por 20 Maio, 2020Sin comentarios

O Concello da Pastoriza repartiu máscaras e xel hidroalcólico aos tres centros educativos do concello, aínda que non teñen alumnado está aberto o prazo para solicitude de praza para o vindeiro curso. Por isto, dende o Concello considera que os equipos directivos dos centros e o seu persoal administrativo teñen que traballar “coas máximas garantías sanitarias”. Do mesmo xeito tamén téntase protexer aos pais e nais que van facer estes días esa inscripción.

Outra das medidas vinculadas aos centros é que o Concello, en colaboración co Ceip O Salvador iniciou o reparto dos libros e material dos nenos e nenas de primeiro e segundo de educación primaria deste centro educativo, unha das accións que se están a levando a cabo dende que se anunciou a finalización do curso escolar.

Así mesmo o Concello iniciou o reparto entre todos os establecementos comerciais abertos ao público de xel hidroalcohólico. “Preocúpanos especialmente está fase de desescalada e tratamos de poñer todos os medios para ter seguridade sanitaria tanto para clientes como para comerciantes”, afirman dende o Concello.