Axencia de colocación

As Irmandades do Falo actúa este sábado no canal de Youtube do Concello de Vilalba

O Concello de Vilalba programou durante o confinamento catro espectáculos que se retransmitiron de forma on line para outras tantas xornadas co obxectivo de continuar a ofrecer un programa cultural pero adaptándose ás novas circunstancias.

Así, un espectáculo de circo, títeres, unha posta en escena de malabares e a actuación dun mago foron desfrutados a través da canle de YouTube e as redes sociais. O éxito desta iniciativa foi tal que o Concello decidiou continuar nesta liña. Así, trala actuación de Andrés Penabad, este sábado, ás 19 horas, haberá un concerto, ás 19.00 horas, do grupo vilalbés As Irmandades do Falo, a través do canal de Youtube do Concello.

As Irmandades do Falo inauguran, a pesar de todo, o seu tour ONCE CUPÓN A TIME cun #superconcerto hinchable a distancia e con toda a seguridade pertinente para evitar contaxio e derramamentos acuísticos do seu gran líder. Haberá grandes novidades no plano musical, estilístico e ata no departamento de RR. HH.

A programación cultural continuará a próxima semana, tamén o sábado coa actuación de Magical Colors.

Etiquetas