Enquisa Mobilidade

Volve hoxe a feira de Rábade

Continúando coa volta á normalidade, o Concello de Rábade recupera hoxe, venres, as súas feiras mensuais que se celebrarán como no resto atendendo a unha serie de medidas de protección sanitaria. Así, volverán celebrarse nesta localidade os días 2 e 22 de cada mes.

Como no resto de mercados similares, darase prioridade á venda produtos agroalimentarios e perecedeiros. Xunto á normativa xenérica de manter a distancia de seguridade, dende o Concello recoméndase o uso de luvas e máscaras ademais de realizar unha limpeza continua.

 

Etiquetas