Friol inviste 335.000 euros en melloras de vías nas parroquias

O Equipo de Goberno decide investir na mellora de seguridade viaria rexenerando o asinen dun importante número de estradas polas que acceden os veciños tanto ás súas vivendas como ás explotacións que rexentan, con este importante investimento, que consta de dous proxectos, preténdese actuar nun 41 km que transcorren por diferentes vías do rural de Friol, “porque significa mellorar a calidade de vida e o benestar dos nosos veciños e ese é o noso principal obxectivo, porque mellorando os accesos ás nosas vivendas e ás nosas explotacións conseguimos que o día a día da nosa veciñanza sexa máis doado e todo isto tamén conleva a unha maior rentabilidade das explotacións dos veciños de Friol” afirma o alcalde José A. Santos.

O primeiro proxecto consistirá en realizar traballos de asfaltado en diferentes estradas do municipio correspondentes a  distintas parroquias. Acondicionaranse os accesos a Abrigueiro en Guimarei, a San Cibrao desde Condes de Arriba, o acceso á estrada de Palas de Rei e ao límite con Ferreira en San Cibrao, na parroquia de Seoane asfaltarase o acceso a Seoane, tamén o acceso a Fondemera en Vilafiz e en Santa Marta o acceso a Acevedo, na parroquia de Vilalvite. Estas obras suman un importe de case 168.000 euros.

O segundo proxecto tamén consistirá en obras de asfaltado en diferentes puntos da rede viaria municipal. O máis importante, polo investimento que conleva este tramo, é o acondicionamento na parroquia de Roimil da vía que vai desde Regüela ata a parroquia de Silvela, outros viais nos que se realizarán estes traballos de melloras do pavimento serán na parroquia de Anxeriz, nos barrios de Ferreira e Rosende, tamén en Miraz, concretamente na Florida, acondicionarase dita vía. En Trasmonte, o ramal da Devesa, e en Anafreita asfaltarase o acceso a Carballosa. Estas actuacións supoñen un investimento dun importe similar ao proxecto anterior, de case 167.000 euros.

Todas estas obras financiaranse con cargo ao Plan Único, son dous proxectos de gran importancia para a poboación de Friol, pois se trata de realizar unha mellora e mantemento dos camiños municipais en trece parroquias, como son a de Guimarei, San Cibrao, Condes, Seoane, Vilafiz, Vilalvite, Roimil, A Rocha, Silvela, Anxeriz, Miraz, Trasmonte e Anafreita.

Actualmente, debido ás condicións normais do tráfico, o paso de maquinaria agrícola ou para traballos forestais, as condicións atmosféricas e o paso dos anos, as estradas obxecto dos proxectos deterioráronse considerablemente, resultando complicado o paso nalgunhas zonas. Por tanto, as actuacións para realizar irán encamiñadas a reparar os danos ocasionados e a previr que se produzan máis danos.

Etiquetas