O Concello das Pontes repartiu chapas de felicitación aos menores de 13 anos

O Concello das Pontes repartiu un total de 845 chapas e diplomas entre os nenos e nenas de 3 a 13 anos empadroados no municipio. O obxectivo deste agasallo foi poñer en valor e recoñecer o seu esforzo nunha situación complicada, tras a crise sanitaria.

O diploma, individualizado co nome de cada menor, e a chapa inclúen un deseño do ilustrador Xosé Cobas, cedido desinteresadamente ao Concello, dun rodete dunha rotopala, esas xigantescas máquinas que traballaron durante décadas na mina.

Este iniciativa pon fin ás felicitacións de aniversario nas que se desprazaban os vehículos de Protección Civil ata os fogares da rapazada pontesa, confinada durante o estado de alarma. En total felicitáronse 49 cumpreanos.

Etiquetas