O concurso das palabras de Begonte amplía o prazo

O Concello de Begonte continúa co seu proceso de dinamización da súa poboación neste tempo de pandemia cun novo concurso con motivo das Letras Galegas. O obxectivo do concurso é  atopar a palabra preferida en lingua galega.

Para eso todos os que queiran participar deberán escoller unha palabra, escribila, debuxala ou pintala e enviar unha foto a cultura@concellodebegonte.es.

Debido ao grande éxito de participación, a organización decidiu ampliar o prazo para presentarse ata o 27 de maio.

Todas as propostas recibirán como agasallo unha bolsa conmemorativa.

Etiquetas