Os Milagres de Saavedra celebráronse sen misas e con poucos fieles

Imaxe do ano pasado

Días antes de que Galicia entrase en fase 2 e ante a imposibilidade de garantir o cumplimento da normativa recollida no Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo, polo que se declara o Estado de alarma de emerxencia sanitaria causado polo Covid-19 e a súa normativa de desenvolvemento, a probición da venda ambulante e as medidas de distanciamento social provocaron que a tradicional romería dos Milagres de Saavedra.

Aínda que o templo estvio aberto mantívose a prohibición de calquera actividade de venda, agás as que posúan licenza para venda ambulante mediante camión-tenda. Tamén estivo prohibido que calquera outro tipo de posto de venda se instalase na vía pública en todo o termo municipal.

Así mesmo lembrouse a oblitatoriedade de utilizar todas as medidas de protección obrigatorias para evitar a propagación do Covid-19.

Polo tanto, o santuario de Begonte viviu un goteo constante de devotos pero nunha cantidade claramente inferior aos anos anteriores, sobre todo porque tampouco houbo misas.

Etiquetas