Suspenden as festas na parroquia de Bazar

A comisión de festas da parroquia de Bazar, en Castro de Rei, decidiu cancelar as patronais de 2020, que debían celebrarse os días 13 e 14 de xuño debido á situación sanitaria deste ano.

De feito a organización anunciou que prepara xa os festexos para o ano 2021 e lembou que esta festa só deixou de celebrarse durante a Guerra Civil.

Os ramistas de este ano, Luís Veiga, Jesús Edrosa e José Pérez, seguirán ao frente da organización o ano que vén, e xa empezaron a preparar os festexos fixados para o 12 e 13 de xuño. Así, esta mesma semana contrataron a dúas das orquestras que amenizarán as festas de 2021, Marbella e Trevo.

O que si se mantén polo momento no calendario festivo da parroquia, coa confianza posta en que a situación mellore, é a comida de veciños anual que organiza o centro cultural Ignacio Rey Stolle, fixada para o 6 de setembro.

Etiquetas