Skip to main content
Actualidade

O BNG en Castro de Rei propón medidas para o lecer deste verán

Por 28 Maio, 2020Sin comentarios

A voceira do BNG en Castro de Rei, Digna Lagarón, suxeriu á Alcaldía a que incida na supervisión das zonas de lecer que posúe o Concello para garantir unhas condicións óptimas de cara á temporada estival.

O bloque resalta que unha maior afluencia de uso e unha previsible maior presenza da veciñanza durante este verán no Concello, débese ter en conta o estado das áreas como a Ruta do Azúmara, por exemplo, as que fican neste momento sen limpar e adecuar.

Digna Lagarón declarou “o mantemento dos recursos públicos é fundamental sempre, pero neste momento hai que pór un maior interese para que a nosa veciñanza desfrute deles nas mellores condicións, prevendo un maior uso este verán”
Neste sentido “rutas como a do Azúmara son recursos moi interesantes para poder desfrutar de maneira segura e poñendo en valor os recursos naturais do noso Concello”, insistiu.

Finalmente, solicitaron ao goberno municipal que medidas ten previsto para o lecer deste verán “sen deixar atrás a situación económica e social, organizar unha programación interesante cumprindo os requirimentos socio-sanitarios tamén ten que estar na axenda do goberno, o BNG ten previsto aportar medidas ao respecto” sinalou a voceira municipal.

Mantemento e arranxo de viais
De modo similar, resaltan que débese comezar os traballos de limpeza e arranxo dos viais, aos que tras o desconfinamento, existe unha maior presenza de transito e hai que garantir a seguridade e o mantemento do mesmo.