Skip to main content
A PastorizaActualidade

Volven as feiras na Pastoriza, Reigosa e Bretoña

Por 28 Maio, 2020Sin comentarios

O Concello da Pastoriza acordou dar o visto bo á reanudación das ferias e mercados ao aire libre no termo municipal.

Esta orde afecta a tres feiras de importancia, a de Reigosa, que ten lugar o último sábado de cada mes; a de Bretoña, os segundo sábado do mes, e a da Pastoriza, que ten lugar todos os martes.

A celebración destes eventos de fonda tradición conleva unhas estrictas normas de seguridade limitando o aforo dos postos autorizados, permitindo só produtos agrícolas e gandeiros do sector da aliemntación e produtos perecedeiros.

A separación entre postos e entre os postos e o público terá que ser de dous metros, ademais de colocar sinais no chan para advertir das distancias e porán á disposición do público xel hidroalcólico e desinfectantes, ademais de que será obrigatorio o uso de máscaras.