Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Concello vilalbés realiza pagos por 1,5 millones de euros nos dous últimos meses

Por 29 Maio, 2020Sin comentarios

O Concello de Vilalba realizou fixo un balance dos últimos pagos realizados, que supoñen un total de 1,5 millóns de euros, cantidade que foi abonada en distintas facturas nos dous últimos meses, coincidindo co comezo do estado de alarma.

Así, a administración local vilalbesa abonou desde o pasado 20 de abril un total de 951.274,18 euros, repartidos en distintos ámbitos. A maior partida foi para o apartado de servizos básicos, iluminación, vías públicas, seguridade, limpeza viaria e recollida de lixo, que supuxo un desembolso de 382.760,37 euros.

En sanidade, educación, cultura e deportes, os pagos ascenderon a 276.399,58 euros, mentres que os servizos sociais tiveron un gasto de 218.187,36. Ademais, os gastos xerais foron de case 49.000 euros e no apartado de promoción económica abonáronse preto de 25.000 euros.

A estes pagos hai que engadir os realizados hai unhas semanas a provedores e estes mesmos servizos, e correspondentes ao período entre o 15 de marzo e o 15 de abril, e que supuxeron o abono de 780.000 euros.

O Concello explicou que os 120.000 euros da partida orzamentaria destinada ao festival FIV de Vilalba, cancelado polo coronavirus, serán destinados a cubrir a falta de ingresos froito da rebaixa fiscal que realizará o goberno local este ano e o seguinte a través da modificación de sete ordenanzas para suprimir e reducir varios impostos e taxas municipais.