O Concello prepara as zonas verdes tralo parón da corentena

Despois das semanas de servizos mínimos por mor da crise sanitaria do coronavirus o Concello de Vilalba, ao igual que o resto da provincia, reiniciou a súa actividade e coa saída dos veciños comezou o proceso de recuperación da normalidade.

Se nun principio realizáronse limpezas exhaustivas das vías, o seguinte paso foi o acondiconamento dos distintos espazos para uso e desfrute dos veciños e veciñas. Así, os parques e xardíns foron rozados e presentan xa un aspecto limpo.

Aínda así o Concello lembra que  “a desescalada implica moita responsabilidade, polo que pedimos unha vez máis que se respecten as normas polo ben de todos”. Así, tamén se procedeu ao pintado dalgúns puntos para recordar aos viandantes a mellor forma de manter a distancia social.

Etiquetas