Skip to main content
ActualidadeVilalba

A biblioteca de Vilalba abre dende o luns para devolver os libros prestados

Por 31 Maio, 2020Sin comentarios

A biblioteca de Vilalba anunciou que o luns abre de novo exclusivamente para a devolución dos libros, con todas as medidas de seguridade e pedindo ás persoas usuarias responsabilidade e prudencia.

A Rede renovou todos os préstamos automáticamente até o 11 de xuño, de xeito que os usuarios e usuarias xa poden achegarse de forma gradual e responsable para a devolución.

A continuación, a partir do luns 8 de xuño, abrirase de novo o servizo de préstamo, e durante a semana daranse as instrucións precisas “para actuar con dilixencia e non poñer en risco a ninguén”.

Os responsables da biblioteca lembra que ata o de agora, as aulas de estudo permanecerán pechadas.