Enquisa Mobilidade

Suspenden as festas de San Cristóbal de Riotorto

A comisión de festas de San Cristóbal 2020 de Riotorto, formada por Olga, Rosa, Montse, Marga e Loli, anunciou a suspensión da edición deste ano debido ao covi-19.

As ramistas indicaron tamén que todos os cartos recaudados coa lotería e a venda de paraugas quedará reservado para a edición do próximo ano, que seguirá a cargo do mesmo grupo organizativo.

“Agradecidas polo comportamento da xente, esperamos que nos sigades apoiando para o próximo ano e que todo o que pasou co virus quede nun mal sono”, indicaron.

Etiquetas