Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXACospeito

Convocan unha reunión de gandeiros para informar sobre reclamacións no prezo do leite

Por 1 Xuño, 2020Sin comentarios

O vindeiro xoves, 4 de xuño, a partir das dez da noite, no recinto feiral Manuel Vila de Muimenta, terá lugar unha charla informativa dirixida especialmente aos gandeiros que estiveron en activo entre os anos 2000 e 2013. O obxectivo desta reunión é orientar sobre as alternativas “da manipulación” no prezo do leite por parte das industrial lácteas na denuncia pública contra o coñecido como cartel do leite.

Esta reunión está organizada pola Asociación de Empresarios de Muimenta, que engloba tamén aos gandeiros, e conta coa colaboración dun bufete de avogados.

A mesma é aberta para toda aquela persoa que queira acudir á mesma para informarse. O único que se pide é que, ao seguir na fase 2 de desescalada polo Covid19, se cumpran as recomendación efectuadas polas autoridades sanitarias.

Para máis información sobre a mesma, pódese chamar aos teléfonos 982 255 066 ou no 649 419 411.