Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Friol loce o nome da vila na glorieta da entrada

Por 2 Xuño, 2020Sin comentarios

O Concello de Friol colocou á entrada do pobo unha estrutura coas letras do nome de Friol, concretamente na glorieta xunto á entrada do polígono industrial.

A colocación desas letras de benvida, que no caso de Friol son de cor marrón e acompañadas de flores, poden verse noutras localidades de España. Como explicou o alcalde, “trátase dun paso máis para embelecer e modernizar o municipio”.