Skip to main content
Actualidade

Suspendida a feira de artesanía e as festas de Outeiro de Rei

Por 2 Xuño, 2020Sin comentarios

A Xunta de Goberno Local e a Comisión municipal de seguemento da covid- 19 do Concello de Outeiro de Rei acordaron a suspensión da Feira da Artesanía de Outeiro de Rei prevista para o día 4 de xullo.

A situación actual, derivada da crise sanitaria ocasionada pola covid-19, impide que se poida celebrar con normalidade un evento que atrae á vila a multitude de persoas “polo que nun exercicio de responsabilidade, o goberno local trata de evitar as aglomeracións ou actos que poidan producilas”.

“Non é unha decisión fácil e seguramente supón un esforzo para todos, para as persoas que virían a gozar da feira pero, quizá moito máis, para aquelas outras que virían a traballar na feira; tamén para o propio Concello de Outeiro de Rei que espera que a feira volva a celebrarse o próximo ano”, di o comunicado municipal.

Tampouco se celebrarán as festas patronais de Santa Isabel, que tiñan como data prevista a primeira fin de semana de xullo, así como o certame de pintura rápida e a carreira popular, eventos que coinciden no tempo.