Arranxan a glorieta do enlace entre a A-8 e a AG-64

O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (MITMA), acometerá traballos de substitución dos sistemas de contención de delimitación interior da glorieta da ligazón do P. K. 575 da A-8 no seu entroncamento coa AG-64, en Vilalba.

Os traballos de conservación teñen como finalidade a substitución dos sistemas contención existentes por novas barreiras de formigón tipo new xersei.

Durante a realización dos traballos será necesario cortar ao tráfico o carril interior da glorieta, quedando en todo caso habilitado para a circulación o carril exterior da calzada anular.

Etiquetas