Luis Santiago substitúe a Marco Roca ao fronte do CD As Pontes

A dirección deportiva do CD As Pontes, equipo de fútbol que milita en Terceira División, veén de confirmar a incorporación de Luis Santiago como adestrador do primeiro equipo na vindeira campaña.

Luis Santiago é natural da Coruña, de 53 anos e é coñecido o seu paso por equipo galegos como o C.D. Boiro, Selección Galega sub-18, Narón CF, CCD Cerceda, Victoria CF de Liga Nacional Xuvenil e Galega, Ural CF xuvenil, entre outros.

Luis Santiago ocupará o lugar que deixou o adestrador Marco Roca, que, tras confirmarse a continuidade do club na Terceira un ano máis, decidiu que despois de 5 tempadas deixar paso a novas caras.

O Club asegurou sobre Marco Roca “que por moito que nos doa a sua marcha, só podemos desexarlle a millor das sortes nos seus novos proxectos a un home que nos devolveu á terceira división, e que primeiro como xogador e despois como adestrador, tanto no fútbol base como no primeiro equipo, deu todo polo club”.

Etiquetas